Seguidores

No mais alto, o lado do monte, devaixo do penedo dos catro abades se atopa o Barrio de Pousadoros, pretiño de Soutovidal, dicese que aqui comenzou a nosa parroquia............Cristiñade

viernes, 16 de octubre de 2009

Unha Xuntanza o pe da Capela........no Barrio

O dia 12 de octubro tivemos unha xuntanza o pe da capela de San Gregorio, viciños e viciñas, nos honraron ca sua presenza na misa, un dia soleado nun marco de luxo, a cor verde do campo co azul do ceo e mas o brilo do sol, enchia de delicia o lugar de Soutovidal, e co repinicar das gaitas do grupo cultural de Arxen, vaixavan do monte do castelo uns aires de festa, festa na honra do noso Santiño que compartiu ca nosa señora do Pilar, os veciños os agasallamos con un viño da terra o terminar a misa, onde non faltou o baile das doce, tan tipico noutros tempos nas romarias da nosa terra.Os veciños de Soutovidal temos que agradecer os de toda Parroquia de Cristiñade o amor que profesan a este barrio, pois ca sua presenza e tamen ca sua axuda praa festa sempre foi muy grande.Cando se deu por terminado o acto, e se recolleu a xente, nos tamen fixemos sociedade, pois o aredor dunha mesa demos conta dun esquisito churrasco e unha reposteria donde as mulleres deixaron ver a sua destreza na cociña deleitandonos con unha surtida variedad de pasteis tipicos da nosa terra e que elas os prepararon con tanto agarimo. Isto e o que fai sociedade, isto e o que une os pobos, cando os veciños e veciñas se sinten unidos no mismo obxetivo.........a unidade parroquial.

No hay comentarios:

O Barrio e a sua xente

Datos personales

Mi foto
Ponteareas, Pontevedra, Spain
Parroquia del Ayuntamiento de Ponteareas Pontevedra España. Soutovidal es un barrio de esta parroquia

Mi lista de blogs