Seguidores

No mais alto, o lado do monte, devaixo do penedo dos catro abades se atopa o Barrio de Pousadoros, pretiño de Soutovidal, dicese que aqui comenzou a nosa parroquia............Cristiñade

miércoles, 24 de junio de 2009

" A memoria historica ...da cultura en Cristiñade "



Quero lembrar o que aqueles homes, amigos meus, que hoxe xa non estan entre nos, me contavan na miña taverna, aqueles homes que viviron a sua xuventud sin salir da parroquia e outros que por razon de viciñanza da do lado a pasaron xuntos, disfrutando da sua xuventud cos medios que naquel tempo habia, pero que era unha xuventud sana e de participacion cultural vaseada no foklore, teatro, musica, e danzas que veñen de tempos moi remotos dificiles de poder afirmar. Na nosa parroquia de Cristiñade a musica foi unha actividad cultural muy notoria entre os veciños, podemos decir que casi todos participaron na Banda de Musica, donde os directores foron sempre da parroquia, e nela houvo grandes musicos que hoxe na actualidade ainda estan en activo, como referencia podemos nombrar a familia do Director Manuel Ucha ( Manuel de Regeiro ) en que casi todos tocaron en dita banda, e incluso sobriños formaban parte dela, seria interminable nombrar a todos, esta banda deixou de existir a la polo 50 e algo, foi a emigracion a que puxo en dificultades a sua continuacion, asi como o momento socio-economico que a xente da parroquia vivia.Tamen non podemos esquecer os Gaiteiros, un "o cego da porteliña" que era o encargado de amenizar os asados do mes de Maio na " Piñeira" xunto co requinto "Jose do Coxo" os asados sempre tiveron unha grande tradicion nesta parroquia, tamen estava "Os rabiosos " de gaiteiro Avelino Groba, caixa Alvino do Coxo, e bombo o tio Constante ledo, este gaiteiro o recordo en romarias de san cibran e naguha farra viciñal, pero non podemos esquecer os ranchos de reis que tamen habia nesta parroquia a la polos anos cincuenta o rancho formado por Jose Gonzalez " Mexego" no Bombo, Juanillo de Palos a Gaita, Filiberto Sobrino no tambor, e de danzantes, Maximino Ledo "Mino de perfeuta", Adolfo de Viñanova, e de mulleres, Luz de Trigo e Carmiña de Julio de Penela, estes ranchos de reis foron actuar a moitos lugares, en unha ocasion foron por navidades actuar a vigo e de regreso tiveron que vir desde o porriño ape asta Cristiñade, todo pundunor e ganas de levar a cultura e o nombre da parroquia polos lugares. No teatro podemos decir que sempre tivemos aqui vos grupos, dende os anos despois da gerra en que eran nosos pais os actores a ta hoxe, hay poucos anos tivemos un grpo que cosechou grandes exitos chegando a facer unha xira por america levandolle o noso teatro os emigrantes da nosa terra, este grupo poñia en escena obras de Manuel Varela Buxan e foron agasallados pola viuda do actor na sua terra de Lalin. Tamen tivemos coros e danzas na epoca das xuventudes Progresistas, e incluso moito antes nas cinco esquinas nun local que foi baile, panaderia, ensallava un grupo donde o director era Jose do coxo, tendo de primeira parexa de baile a "Pilar da Fouca" e "Salvador da axencia", excelentes bailadores y cantores, tameen facian seran na no barrio da urcela nunhas casiñas que estavan frente a taverna da Urcela, donde Laureano afumaba os cabazos, todos estes e alguns mais recordos mos contaron eles, e eles tamen os viviron e disfrutaron....... hoxe todo e unha ruina, sobre todo no que a cultura se refire...

No hay comentarios:

O Barrio e a sua xente

Datos personales

Mi foto
Ponteareas, Pontevedra, Spain
Parroquia del Ayuntamiento de Ponteareas Pontevedra España. Soutovidal es un barrio de esta parroquia

Mi lista de blogs