
Estamos no cuarto domingo de pascua, e cando se celebra no barrio de Soutovidal a festa na honra de San Gregorio na parroquia de Cristiñade, este barrio un dos mais altos da parroquia despois de Pousadouros, foi en temoso pasados muy poblado, e a xente se adicava a agricultura e ganderia, sendo este lugar uns dos principais da comarca de ponteareas que na festa dos "Remedios" no mes de septembro enchia a plaza da iglesia de sandias, todas transportadas en carros de bois no medio da palla do centeo "do colmo". Este barrio pola sua situacion xeografica entre, Nogeira, Chandespiño, Salceda e Picoña ten moitos devotos do santo e tamen da festa, as xuventudes dos diferentes lugares sempre acudiron con delicias a estes festexos, ainda que tamen ohubo grandes liortas entre uns e outros, e de recordar aquel carro de viño de Redolfo de Milia que despachava viño por cabazos, e as rusquilleiras por centos, lembramos a Perfecta, Candida ou xa mais lonxana a Maria da Ferrancha, o palco de madeira foi obra do Carrizo home que se amañava na carpinteria, hera de por e sacar, se guardava na entrada da Capilla, a campa da capela e pequena e xiratoria ten poucos anos posta no pequeno campanario tipo espadana, o seu sonido cubre o barrio iso si. Boas festas pra todos e que disfrutedes do San Gregorio, adbogado do estomago, articulacions, protector das cosechas e defensor das pestes, unha esmola ven a merece este santo........Nicolas Esfrondatti..... San Gregorio XIV. Nos protexa atodos... e todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario