Seguidores

No mais alto, o lado do monte, devaixo do penedo dos catro abades se atopa o Barrio de Pousadoros, pretiño de Soutovidal, dicese que aqui comenzou a nosa parroquia............Cristiñade

lunes, 3 de noviembre de 2008

Un dia pra vos recordar........veciños

Onte fun a mañanciña o cimenterio da miña parroquia, queria estar con todos vos, algun vos coñecin e vos tratey, outros non tiven a sorte de vos coñecer, pero todos sodes como son eu desta terra de esta parroquia de San Salvador de Cristiñade, a mañan estava fria coma e normal no mes de santos, con cheirume a castañas asadas, e cas follas das arboles do adro da iglesia no chan, non triscavan pois ainda non veu a xiada, solo o urballo que as pon endebres e selenciosas. Entrei no cimenterio e a dreita esta atua foto, pena de rapas tan novo que se foi pra sempre, deixaches un fillo como una foto tua, tamen te vin ati, non che puxeron foto nin flores ti sempre foches raro e a tua familia pensa que non chevan gustar,deixandovos avos encontrei a tantos amigos,clientes, e compoñentes da turtulia no bar,que recordos, canta cousa me traedes a cabeza,recordos de tardes de gramalleira, de noites de mostrador contando a historia de tantos veciños e veciñas, ti sempre me recordas, tiñas aquen dito sempre na voca "macaco vello non pousa en rama seca" ¿lembraste?, e ti cando sentado no taburete cruzabas as pernas como se as enrroscaras, o vello profesor, cando decia ponme de vever que estou seco como un acha, un tintiño, comer non comia un carallo, parecia que sempre estaba farto, ati moito che gustava a musica, cando no comedor petavas no tinon coma se fose un bombo, no truco foches un maestro pratodos nos, andey polo cimenterio vendo pratodos vos , e tamen pra recordar fechas e dactos ali queda todo escrito, familias que xa non estan representadas xa na parroquia, o coujutor de cristiñade que naceu no ano 1840 e morreu no 1920, D. francisco Presa Teijeiro "Chuco do Roxo" que donou a sua casa pra que fora a retoral da parroquia de Cristiñade, o cura Carballido " crego do Paseo" e outros mais veciños que estan ali dentro, labregos que souperon cuydar da parroquia e traballar por ela, meus queridos todos, coidar do campo da Pousa, ou do campo da Razon, ser guardian de tantos recordos e de moitos secretos que levastes con vos, esperaime, eu non teño presa en ir, sempre fun lento e nesto quero ser mais si e posible, pero cando me toque quero que me acollades cos brazos abertos e xa o celebraremos aunque sea unha celebracion algo fria, condo sintades tocar as campas, cas carreiras de home difunto, sentide alegria e que vai chegar un amigo voso o "campo da Razon".

No hay comentarios:

O Barrio e a sua xente

Datos personales

Mi foto
Ponteareas, Pontevedra, Spain
Parroquia del Ayuntamiento de Ponteareas Pontevedra España. Soutovidal es un barrio de esta parroquia

Mi lista de blogs